O entroido sen filloas non é entroido. Igual que non poden faltar as orellas e o cocido de grelos da leira. Pero o fundamental son os entroideiros. Na casa da avoa había entroido. De entroideiros. Íamos todos. ¡Que fartura! Cocido, orellas, rosquillos e filloas. Filloas que non faltasen. ¡Todos queriamos filloas! Porque nas filloas da... Leer más →
Un ano máis, publícannos na Voz de Galicia
Hoxe, 04 de agosto do 2025, publicánnos na Voz de Galicia, o xornal de maior tirada da comunidade, o noso relato A boina, dentro da 26 edición de Relatos de Verán de La Voz de Galicia. Neste relato pretendemos poñer de manifesto o abandono do rural, do medio de vida dos avós e dos pais, que saíron adiante... Leer más →
A boina
Sentou na escaleira e gardou silencio. Nas mans, aquela boina negra sen rabillo. E sen alma. Escoitou o silencio da tardiña, abafado pola calor infernal do día. Botaba de falta o cheiro da corte, o remoer das vacas rompendo o silencio místico do luscofusco, as galiñas remexendo na leira, apurando o tempo antes de ir... Leer más →
O destino
Imaxe de wordpress O destino era claro: a morte. Mais non era a morte como fin da actividade vital. Era a morte como fin do ser. Sempre decía que un deixa de ser cando xa non é nada para ninguén: nin sequera un efímero recordo agochado no fondo da artesa das lembranzas. Porén, naquela despedida... Leer más →
Letras Galegas 2025
Imaxe da internet O avó sempre cantaba. ¡E como cantaba! "Maripepa ten un niño entre as tellas do tellado, o niño de Maripepa cando chove está mollado", decía. "María ten boas pernas que llas vin no corredore, pernas como as de María non as ten Montemaiore", cantaba rindo pícaro. A avoa tocaba a pandereta. E... Leer más →
Cambios, avance e retroceso
Imaxe de wordpress Ás veces sentíase fóra de lugar. Outras, simplemente se sentía na época equivocada. Resistíase a deixarse levar polo remuíño da sociedade necia, malia ter a convicción de ir contracorrente. Pero instruíranlle que os principios son o máis importante que unha persoa ten e non pensaba renunciar a eles, por máis que a... Leer más →
A derradeira bágoa
Foto wordpress O seu lombo xa non aguantaba máis o peso do tempo. Tamén era moito o que tiña ás costas e xa pesaba. Case tanto coma a carraxe que levaba consigo para onde quixera que fose agora. Vira como morría a fame, como as corredoiras fixeron estradas, como as cortes saíron das casas cara... Leer más →
Fin eterno
Imaxe de wordpress O ferro da retroescavadora asestou o último golpe. Caíu co mesmo estrondo que fixera o último portazo que a pechara para a eternidade. Con ela caía a resistencia dunhas paredes eternas, minguadas entre as silvas facía ben anos. Paradóxicamente, mostra inapelable da abundancia dos seus señores nos anos da fame e sostento... Leer más →
Leccións de vida
Foto de wordpress — ¡Ata o porco bravo remata facendo chorizos! — decíalle o avó ante a mirada interrogativa do rapaz. Ó vello fórasalle a chaveta facía ben anos e dende aquela andaba sempre na berza. A avoa decíalles decote que non se deixaran enredar, que estaba ben dos seus días, malía a estar divagando... Leer más →
Razón de vellos
Photo by mikoto.raw Photographer on Pexels.com “¡Arredemo cos vellos! Sempre levaban razón”, matinaba a rapaza mentres lía as polémicas que levantaba a Lalachus ou como queira que se chame. Fora ver un pouco o acontecido para recordar aquelas palabras, que tanto o avó como a avoa repetían decote: “Se queres que te respecten, date a... Leer más →