O autor

Arcadio Mallo

Afeccionado a escribir dende sempre e caracterizado por escribir en galego, maiormente alleo á normativa establecida, mestura nos seus relatos a súa afección pola escritura coa súa devoción polo mundo rural como medio de vida.

Pouco dado a publicación das súas obras, crea esta plataforma para darlle saída a todos eses contos e relatos que foi escribindo ó longo dos anos.

A todos eses escritos, vén a sumar obras de nova creación, inéditas e publicadas recén saídas do maxín. Con temáticas e estilos variados, ten como principal foco a divulgación do galego como identidade cultural, e a defensa da memoria do rural como medio de vida alternativo, alleo á industrialización e a masificación á que todo se ve sometido na era capitalista.

Blog de WordPress.com.

Subir ↑