Día de Rosalía

Hoxe, día de Rosalía. Da escritora. Da nosa poetisa. Hoxe día de follas novas no temporal de inverno. Airiños airiños aires que sopran sen sosego. Hoxe día da estrela que brila. Día do vento que zoa. Hoxe día de poesía. Poemas e letras da nosa Rosalía. Hoxe día da nostalxia ó oír as campás tocar.... Leer más →

Bafos

Seica era normal nestas datas a friaxe inclemente do inverno. De feito, abafaba as mans, case máis por costume que por necesidade, aínda que estas últimas noites arrefriaba de carallo. Levaba peiteadas canas demais como para acentuar agora a súa atención en temáticas populistas que prometían cambiar o mundo. Para iso estaban os mozos e... Leer más →

Lusco e fusco

Camiñaban entre o lusco e fusco, debaixo dun orballo feble, pero húmido, que se metía nos ósos. Os pés chapoteaban nunha lama mal feita entre o pó dun outono seco e a mollada tímida daquela orballada. Paraugas en man, gorra un, capucha o outro, avanzaban entre os bafos que desprendían da suor, entretidos con conversas... Leer más →

Fronte ó pelotón

Quizas fronte ó pelotón de fusilamento todo resulta distinto... Quizas as balas asubíen mentres se encaran a min... Quizas os fusís toquen Mozart cando os preman... Quizas me arrepinta de todo... Quizás berre reivindicándome... Seguro que, antes de pechar os ollos, acordareime de ti...

Rumbo

Partiu. Sabía que marchaba e que non volvería. Dous días despois de que lle afundira o Calixto Primeiro nas mans, zarpaba de novo no ollo da tormenta. Debía facelo! Coma bo mariñeiro, sabía que despois da tormenta sempre volve a calma. E quen sabe, noutros mares seguro que atopaba o sosego que este nunca lle... Leer más →

Antano hoxe

Asentou a boina, despois de pasala pola testa para limpar o suor. Cuspiu unha man, fregouna coa outra e agarrou o mango do legón...primeira cabada na mesa...segunda cabada enriba do esterco das galiñas que alimentaría o cadolo da berza...atrás del, a dona, poñendo a planta e facendo a pela...no arro, o cativo, brincando, inconsciente que... Leer más →

Deica

"Deica". Sacudiu un adeus coa man ó tempo que camiñaba pensando: "adeus díselles ós mortos, ten dito o avó. Ós vivos díselle ata ou deica, coa intención de volverse atopar nalgún intre". O que nunca lle explicara era que, ás veces, hai que dicir adeus ós vivos, a moito pesar. Nin tampouco que decir adeus... Leer más →

Blog de WordPress.com.

Subir ↑