O entroido da avoa

O entroido sen filloas non é entroido. Igual que non poden faltar as orellas e o cocido de grelos da leira. Pero o fundamental son os entroideiros. Na casa da avoa había entroido. De entroideiros. Íamos todos. ¡Que fartura! Cocido, orellas, rosquillos e filloas. Filloas que non faltasen. ¡Todos queriamos filloas! Porque nas filloas da... Leer más →

Un ano máis, publícannos na Voz de Galicia

Hoxe, 04 de agosto do 2025, publicánnos na Voz de Galicia, o xornal de maior tirada da comunidade, o noso relato A boina, dentro da 26 edición de Relatos de Verán de La Voz de Galicia. Neste relato pretendemos poñer de manifesto o abandono do rural, do medio de vida dos avós e dos pais, que saíron adiante... Leer más →

O destino

Imaxe de wordpress O destino era claro: a morte.  Mais non era a morte como fin da actividade vital. Era a morte como fin do ser. Sempre decía que un deixa de ser cando xa non é nada para ninguén: nin sequera un efímero recordo agochado no fondo da artesa das lembranzas. Porén, naquela despedida... Leer más →

Letras Galegas 2025

Imaxe da internet O avó sempre cantaba. ¡E como cantaba! "Maripepa ten un niño entre as tellas do tellado, o niño de Maripepa cando chove está mollado", decía. "María ten boas pernas que llas vin no corredore, pernas como as de María non as ten Montemaiore", cantaba rindo pícaro. A avoa tocaba a pandereta. E... Leer más →

Tempo andado

Imagen de wordpress A man, sen forza, bailaba na padereta ó ritmo da muiñeira que tocaban aquelas gaitas da terra. Acariñaba o coiro coma canda era unha rapariga e tocaba nas ruadas e nas muiñadas da contorna. Lembraba ben as notas, que petaba con forza, malia ter ó lombo un xornal enteiro subindo caixas de... Leer más →

Bafos

Seica era normal nestas datas a friaxe inclemente do inverno. De feito, abafaba as mans, case máis por costume que por necesidade, aínda que estas últimas noites arrefriaba de carallo. Levaba peiteadas canas demais como para acentuar agora a súa atención en temáticas populistas que prometían cambiar o mundo. Para iso estaban os mozos e... Leer más →

Xustiza

...o rastro era inequívoco. As pegadas eran claras malia a escura noite de outono que se presentara. Ó decatarse, collera a vella boina e axustaraa ás canas. Buscara no caixón da mesiña a caixa e metera en cada peto do fatigado chaleco de coiro, cadanseu puñado de cartuchos. Atara os vellos zapatóns de pel de... Leer más →

A raposa

Brillaron os ollos na cuneta e vin a punta das orellas...estaba onte e estará mañá...a raposa ten a raposeira na beira...e sae a estrada para axexar os galiñeiros do Rapadoiro...está tentada, pero tamén atemorizada...nembargantes, non deixa de ser raposa.

Vello inverno

Nunha escampada, cubriu aquel chaquetón vello polos ombreiros e colleu camiño arriba. A auga da última treboada aínda escorregaba pola lameira, mentras el prendía lume ó pitelo recén liado. O palleirán íalle marcando o camiño de preto, mentres debuxaba o alento na friaxe da tarde. Recollerían as vacas, molladas; mollaríanse na volta á casa e... Leer más →

A liguaxe das pedras

O avó coñecía as pedras. Entendía a súa linguaxe. Sabía xusto onde espetar a cuña para que a pedra rachase dun só marrazo. Despois, pau de ferro e a buscarlle o xeito ata que saía do sitio. Quizais, toda a vida na canteira de San Xusto lle axudara a aprender a súa linguaxe. Foran moitos... Leer más →

Blog de WordPress.com.

Subir ↑