Un ano máis, publícannos na Voz de Galicia

Hoxe, 04 de agosto do 2025, publicánnos na Voz de Galicia, o xornal de maior tirada da comunidade, o noso relato A boina, dentro da 26 edición de Relatos de Verán de La Voz de Galicia. Neste relato pretendemos poñer de manifesto o abandono do rural, do medio de vida dos avós e dos pais, que saíron adiante... Leer más →

A boina

Sentou na escaleira e gardou silencio. Nas mans, aquela boina negra sen rabillo. E sen alma. Escoitou o silencio da tardiña, abafado pola calor infernal do día. Botaba de falta o cheiro da corte, o remoer das vacas rompendo o silencio místico do luscofusco, as galiñas remexendo na leira, apurando o tempo antes de ir... Leer más →

O destino

Imaxe de wordpress O destino era claro: a morte.  Mais non era a morte como fin da actividade vital. Era a morte como fin do ser. Sempre decía que un deixa de ser cando xa non é nada para ninguén: nin sequera un efímero recordo agochado no fondo da artesa das lembranzas. Porén, naquela despedida... Leer más →

Letras Galegas 2025

Imaxe da internet O avó sempre cantaba. ¡E como cantaba! "Maripepa ten un niño entre as tellas do tellado, o niño de Maripepa cando chove está mollado", decía. "María ten boas pernas que llas vin no corredore, pernas como as de María non as ten Montemaiore", cantaba rindo pícaro. A avoa tocaba a pandereta. E... Leer más →

Cambios, avance e retroceso

Imaxe de wordpress Ás veces sentíase fóra de lugar. Outras, simplemente se sentía na época equivocada. Resistíase a deixarse levar polo remuíño da sociedade necia, malia ter a convicción de ir contracorrente. Pero instruíranlle que os principios son o máis importante que unha persoa ten e non pensaba renunciar a eles, por máis que a... Leer más →

A derradeira bágoa

Foto wordpress O seu lombo xa non aguantaba máis o peso do tempo. Tamén era moito o que tiña ás costas e xa pesaba. Case tanto coma a carraxe que levaba consigo para onde quixera que fose agora. Vira como morría a fame, como as corredoiras fixeron estradas, como as cortes saíron das casas cara... Leer más →

Fin eterno

Imaxe de wordpress O ferro da retroescavadora asestou o último golpe. Caíu co mesmo estrondo que fixera o último portazo que a pechara para a eternidade. Con ela caía a resistencia dunhas paredes eternas, minguadas entre as silvas facía ben anos. Paradóxicamente, mostra inapelable da abundancia dos seus señores nos anos da fame e sostento... Leer más →

Camiños andados

Sentía tristura. Vía como a súa xeración ía minguando, como aquelas mans que tanto traballaran por saír da fame, mirraban e desaparecían ós poucos, co mesmo sosego co que a natureza consumía a aldea, vítima do abandono e do éxodo das xeracións que debían estar avivándoa. Inculcáranlles tan a fondo que fuxiran daquela vida pobre... Leer más →

Bafos

Seica era normal nestas datas a friaxe inclemente do inverno. De feito, abafaba as mans, case máis por costume que por necesidade, aínda que estas últimas noites arrefriaba de carallo. Levaba peiteadas canas demais como para acentuar agora a súa atención en temáticas populistas que prometían cambiar o mundo. Para iso estaban os mozos e... Leer más →

Xustiza

...o rastro era inequívoco. As pegadas eran claras malia a escura noite de outono que se presentara. Ó decatarse, collera a vella boina e axustaraa ás canas. Buscara no caixón da mesiña a caixa e metera en cada peto do fatigado chaleco de coiro, cadanseu puñado de cartuchos. Atara os vellos zapatóns de pel de... Leer más →

Blog de WordPress.com.

Subir ↑