Netos do esterco

Vendo aquel derroche de luces e traxes, de raparigos bebendo e comendo coma verdadeiros señores feudais para despedir o ano, o subconsciente tróuxolle ó sentido o cheiro da corte e a calor daquelas dúas vaquiñas famentas que temperaban aquel simulacro de casa. Todo aquel legado, maltratado e esquecido por estas xeracións de postín e redes sociais, criados e alimentados por aquel esterco, froito da suor dos ancestros, tan esquecido xa. E saltoulle unha bágoa de resignación que percorreu aquela cara arrugada polo tempo e as inclemencias da vida. Sentía mágoa por eles, que se emperraban en esquecer de onde viñan e polo tanto, cerraban os ollos a saber quén eran. E un pobo sen identidade  era un pobo morto.

Un comentario sobre “Netos do esterco

Agrega el tuyo

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑