Apurou o último grolo do tinto e pousou a cunca na barra co impetu dun home forte, cheo de vida, mentras exalaba sonoramente a
respiración contida mentras tragaba. Mirou na reviravolta, e non había ninguén máis ca el na taberna. Coñecíase que a xente tomaba en serio o do bicho ese matavellos, ou que, quizáis estivesen ó choio, despois de todo, o vello agulleiro da parece marcaba máis das once da mañá.
Agarrou o bastón e botou pé fóra, camiño á punta do peirao, coa présa propia da noventena. No mar, algunha lanchiña e catro barquiños de señorito, como el chamaba as embarcaións de recreo.
A barlovento daquel nordés que sacudía a vila, cavilaba, mirando un horizonte nú, na propia metáfora do que vía. Horizonte nú! E pra el xa non había sequera horizonte. A vida pasáralle tan á présa que se perdera os momentos que fan a vida. E ó mesmo tempo, fora tan longa que se fixera eterna. Tivérao todo. E o mesmo tempo, deixárao sen nada.
E agora, pra rematar, acababan de diagnosticarlle o bicho ese matavellos, como el mesmo bautizara ó Covid. E reflexionou que nunca pensara vivir o suficiente pra ver a volta atrás no tempo: a ignorancia dun pobo (antes analfabeto), á imposición do poder, a rifa incesante por mor dun pobo que importaba unha merda na realidade, o ego do propio pobo que non respetaba as normas…quedaba un horizonte nú…oscuro…màis el xa estaba canso pra quedar no peirao a aguantar o temporal…e botouse ó mar, a pola última travesía a nado…no último desafogo dunha vida vencida.
Deja un comentario