Artificial

A hipérbole volvíase realidade. Aquilo que nos ollos do defunto avó só era unha esaxeración, hoxe había a suficiente ousadía para facelo realidade. E dándose conta, vía a súa xeración pechar ós seus maiores nas residencias do olvido, escudados na xustificación do ben deles, calmando as súas conciencias co pensamento de que estarían mellor coidados en mans de profesionais. E xa non importaba o sentimento do ancestro, lonxe de si mesmo, alleo á realidade que o envolvía, ó menos, manifestamente. E entramentres, eles, a continuar co seu ritmo de vida consumista.

Eso si, parándose ben no razonamento, inda quedaban os fillos, criados nas guardarías, entretidos en actividades extraescolares de todo tipo, exiliados ós campamentos de verán e educados por profesionais matematicamente programados. E mirando a fondo, gozan dunha familia artificial, e presumen dela, manténdoa a base de billete e conservando a súa autonomía e liberdade.

E ó final, el mira de arredor, e xa pode sentir a friaxe da soidade que lles agarda nun futuro pronto. Pero sen remordimentos. «Non é poder. É querer. Querendo pódese todo!» Diría o vello avó!!

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑