
O avó sempre decía que nós faciámolo máis vello. Nós non o entendíamos, porque Santiago non tiña fillos nin netos e viraba vello igual. Despois aprendemos que era unha maneira de decir que palpaba o paso do tempo nas nosas medras. Canto máis medrabámos máis vello se facía el. Era a lei natural do paso do tempo.
E o tempo era coma un rego de auga, a palabras del. Ía discorrendo con tranquilidade as veces, máis axitada outras, con máis auga segundo avanzaba e sempre, sen volver atrás!! Regando os herbáis e dando vida ó seu paso!
E en días, de orballo e poallada, de melancolía nostálxica, cando xa só lle quedaban canas no medio da calva, levantaba a boina, mirábanos, homes feitos, e roñaba: «aprobeitade o tempo. Que a vida escorre máis rápido ca unha presa de auga». E tiña razón! Cando nos decatamos, xa só quedaba a húmidade das bágoas que nos arrancou da alma a súa marcha.
Deja un comentario