…fedellou entre os trastes do faiado ata que a atopou…lembraba tal cual, precisamente chea de libros vellos de cando seu pai era neno…os cromados dos pestillos e máis das bisagras ían picadas do óxido…era negra…con asa de pasta…un metro de longo, medio de ancho e coma vinte e tantos centímetros de alto. «…velaquí a tes!!… Estudia neniño, e aprende ben para non te ver na necesidade de botarlle a man!!…» E chegara o intre…e non sería a vella maleta que cruzara a fronteira da man de seu avó, Deus o teña na gloria, a que o acompañaría…pero en pleno siglo 21 viase na obriga de andar nas pegadas daquel vello loitador…coma nos tempos dos zocos e das boinas…coma nos tempos da escuridade…do frío…da fame…escorregáronlle as bágoas…a súa xeración non fora quen de defender o legado dos avós…resultado do seu traballo, esforzo, necesidade e sacrificio…sentíase membro dunha xeración tan estudiada e tan fracasada…inútil…vencida…
Deja un comentario