Todopoderoso

Segoulle a vida sen se inmutar, sentíndose o mesmo Deus todopoderoso, por encima do ben e do mal, coa potestade de xulgar e executar ó seu antollo. Nada máis lonxe da realidade, pois máis que nada, era díscipulo do propio diaño, sempre afin á maldade. Dende cativo, a súa inclinación ó mal era máis que notable. Pelexas, leas con armas brancas, antecedentes de xuventude corrupta e luxada por roubos e trapicheos…

Segoulle a vida sen tremar nin un intre, coa seguridade de cumprir co seu. Sería arrestado ó pouco, xulgado pola lei dos homes e encarcelado. Cumpriría uns anos e voltaría a sociedade co dereito a reinserción e a posibilidade do arrepentimento. A realidade, ben coñecida polos seus achegados, non incluía nin un nin o outro termo.

Nembargantes, claro estaba, a víctima quedara sen dereito algún no mesmo intre que o coitelo lle atravesou o pescozo. E non tería oportunidade de reinserción nin de resarcirse dos agravios sufridos. Só o recordo amargo de quen a quixera en vida. Nin xustiza. Nin lei.

Nin que o verdugo fose o mesmo Deus que se creía ser.

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑