Partiu. Sabía que marchaba e que non volvería. Dous días despois de que lle afundira o Calixto Primeiro nas mans, zarpaba de novo no ollo da tormenta. Debía facelo! Coma bo mariñeiro, sabía que despois da tormenta sempre volve a calma. E quen sabe, noutros mares seguro que atopaba o sosego que este nunca lle dera. Era novo. Arriscado. A vida prometíalle aínda moitas aventuras lonxe daquel porto.
Puxo rumbo a ningures, coa brúxula na man para non perder o norte.
Deja un comentario