Abandono

Avanzar entre a brétema mollada de xuño sen mollarse era imposible, máis aínda cando a herba xa cubría os carreiros, antano trillados polos pés dos pobres xornaleiros. Ese flash veulle á cabeza no mesmo intre en que a silveira cortaba o paso, e xa non quedaba máis ca volver atrás. Sentiu as cántigas das mozas, as risas cansas… viu as siluetas dos sombreiros de palla, das boinas, das ferramentas sobre os ombreiros… Sen dúbida, a raíz do que el era. Mesmo lle saltou unha bágoa traizoeira de desesperanza e de resignación: a súa xeración enterrara no esquecemento o que os seus ancestros levantaran con suor e sufrimento, e coa felicidade que eles agora non acadaban a ter.

©Arcadio Mallo

Deja un comentario

Blog de WordPress.com.

Subir ↑